Saturday 04 de May de 2024

Xornadas de observación de “Avelaíñas” na Fraga do Xarío


O Grupo Naturalista Hábitat programa para este sábado, día 22 de xullo do 2023, de 22:00 a 01:00 horas unha observación de avelaíñas na Fraga do Xarío, coa colaboración do Concello de Miño.

Na actividade mostraranse as técnicas empregadas para a mostraxe deste grupo de insectos co cal aumentar o coñecemento sobre a biodiversidade deste espazo natural. Deste xeito, os participantes poderán observar a biodiversidade de avelaíñas que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.

A xornada é gratuíta e aberta ao público. Para participar é imprescindible a reserva de praza a través do formulario habilitado na web de G.N Hábitat.

As prazas son limitadas, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Se unha vez confirmada a praza non se pode acudir, rógase que se informe da situación con moita brevidade.